xoves, 25 de febreiro de 2016

Día de Rosalía

Na presentación veremos unha curtometraxe arredor da figura de Rosalía e unhas fotografías tomadas no patio da escola que servirán de fondo para recitar versos do seu poemario Cantares Gallegos. 

Remataremos co vídeo dun dos temas do Libro-CD de Uxía Senlle "Rosalía pequeniña" da editorial Galaxia. 

Esperamos que vos guste. 

venres, 12 de xuño de 2015

Estamos no verán! de Xoán Curiel

Feliz verán 2015 e moita festa!

En espera de que celebremos o San Xoán nas parroquias de Abegondo, deixo este vídeo da zona de Ferrol, para ver se nos dá ideas para motar o noso vídeo do verán. FELICES FESTAS A TOD@S!
Vémonos nunha delas.





Fai clic derriba da imaxe e poderás ler información sobre as herbas do San Xoán.


 Herbas de San Xoán

mércores, 20 de maio de 2015

OS PALLASOS




Ao saber que en E.I. estaban traballando sobre o circo, dúas nenas do club de 5º prepararon este traballo para presentarllelo.

venres, 8 de maio de 2015

Matemáticas con 1º

Hoxe invitamos ao alumnado de 1º a xogar coa balanza de líquidos, o tangram de cubos, as regretas, os imáns e as formas xeométricas.


luns, 23 de marzo de 2015

Ollo co eclipse!

Este vernres 20 de marzo houbo un eclipse solar.
Un alumno do club de ciencias-matemáticas falou coa súa irmá que traballa nunha óptica para que nos comentase porque é tan perigoso para os nosos ollos mirar o eclipse.


Depois de falar con ela do tema, un grupo de nenos acudiu ás aulas de 3º, porque non nos deu tempo a máis, para explicar, cos ollos na man, que sucede no nosos ollos ante este fenómeno.




Organizamos unha pequena exposición de libros na biblioteca, onde tamén quedaron expostos os ollos para podelos manipular.


mércores, 25 de febreiro de 2015

Matemáticas para todos os cursos

Levamos varias xuntanzas de club de matemáticas dedicados a experimentar cos materiais que nos foron chegando. Estamos elaborando a proposta para os demais nenos e nenas do centro. De momento temos pensado isto:



 


 Hai propostas para todos os cursos, só tedes que facer avanzar a presentación.